Alfredo Pirucha
Artista nado en Sanxenxo (Pontevedra) en 1982. Comezou a crear a súa obra de xeito casual sobre o ano 2003 na súa vila natal, para posteriormente trasladarse a Madrid, onde continuou a producción artística como a faceta principal da súa vida e tomou conciencia das posibilidades da pintura como vehículo de expresión de inquedanzas, sentimentos, medos e todo aquelo que ocupaba os seus pensamentos e era susceptible de ser pintado. Dende entón logrou expor en diferentes puntos da xeografía peninsular como Soria, Madrid, Bizkaia, Pontevedra, Coruña, Lugo. Na actualidade vive en Compostela.
A grandes rasgos e á marxe de valoracións persoais, a súa obra responde a unha clara filosofía artística baseada na non comercialización das suas creacións, as cales considera parte de sí mesmo, e en intentar achegar a arte a través de exposicións en salas de titularidade pública a aqueles grupos sociais que non acostuman a acudir ás mesmas.
A nivel estético podemos dividir a súa producción artística en tres grupos principais. Cada un deles diferenciase dos outros pola utilización de diferentes soportes e recursos técnicos. O primeiro sería o formado por unhas obras de cores moi vivas pintadas principalmente coas mans e axudado por obxetos como cravos, desparafusadores, espátulas... sobre pequenas cartolinas satinadas. O segundo grupo está formado por lenzos de dimensións medias pintados coas mans e pincel onde predominan os tonos apastelados e o trazo en lapis determinando o contorno das figuras. E un último grupo formado por collages feitos a base de fotocopias. Tódalas súas obras presentan temas cotiás cunha forte carga de humor absurdo na busca do sorriso cómplice do público.
Exposicións:
- 2006 (Decembro) - Sala de exposicións do Concello de Berlanga de Duero
(Soria).
- 2007 (Xullo) - Sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello Navalagamella
(Madrid).
- 2007 (Setembro) - Sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Ermua
(Bizkaia).
- 2007 (Decembro) - Sala de exposicións "Amalia Domínguez Búa", Concello de Bueu
(Pontevedra).
- 2008 (Febreiro) - Sala de exposicións "Ángel Botello" da Casa da Cultura do
Concello Cangas (Pontevedra).
- 2008 (Marzo) - Sala de exposicións "A Capela" do Concello de Arzúa (Coruña).
- 2008 (Abril) - Casa da Cultura de Chantada (Lugo).
- 2008 (Maio) - Sala de exposicións do Faro de Fisterra, Fisterra (Coruña).
- 2008 (Maio-Xuño) - CSC Villestro - Compostela (Coruña).
- 2008 (Xuño) - CSC Vite - Compostela (Coruña).
- 2008 (Xuño-Xullo) - CSC Conxo - Compostela (Coruña).
- 2008 (Agosto) - Vila do Gêres - Terras de Bouro (Portugal).